Na mañá do pasado 19 de xullo os nenos e nenas da Escola de Verán de Dodro participaron no obradoiro Ti si que es un bo peixe, actividade impulsada e financiada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia que ten como finalidade fomentar o consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura entre os máis cativos/as.
No obradoiro déronselles a coñecer nove especies mariñas de amplo consumo: o seu hábitat, a súa recolección ou pesca e os métodos de consumo. A actividade finalizou cun divertido baile.




