A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras de reforzo do firme na estrada autonómica AC-550, no treito que une Noia con Ribeira

19 Xullo 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por máis de 2,3 M€ as obras de reforzo do firme na estrada autonómica AC-550.

Trátase do reforzo do firme no treito que une Noia e Ribeira pasando por Porto do Son, entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850, onde tamén se proxecta a execución dun cambio de sentido e dun carril central de espera.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Ponciano Nieto, S.L., suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por esta vía, moi frecuentada, especialmente en temporada de verán. Estas obras, ademais, facilitarán a mobilidade dos habitantes dos tres municipios onde se realizarán as actuacións.

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses e prevese que comecen a finais de agosto.

A intervención está encamiñada á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoa ás súas necesidades funcionais e de durabilidade.

O contrato tamén recolle a execución dun cambio de sentido no punto quilométrico 88+500, así como a formación dun carril central de espera para o xiro á esquerda no quilómetro 92+500, para o que será necesario ensanchar a estrada AC-550 cara á súa marxe esquerda.

Tamén se executarán pequenas melloras de drenaxe, limpeza de gabias, sinalización, balizamento e defensas.

Estas obras están incluídas no Plan de Reforzos de firme que está a desenvolver o Goberno galego co fin de manter as estradas autonómicas en boas condicións e garantir desprazamentos máis cómodos e seguros aos usuarios.

Google

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.