Cabo de Cruz acolle o espectáculo clown Circanelo o vindeiro 22 de xullo

18 Xullo 2022

Boiro vai acoller estes días destacados espectáculos en clave familiar. Unha destas citas para rapaces (e maiores) está programada para este 22 de xullo e trátase do espectáculo Circanelo. Será na praia da Ribeira Grande, en Cabo de Cruz, o venres 22 a partir das 20.00 horas.

Circanelo é unha contribución artística de N+1 Teatro Circo Danza, dirixida por Alfredo Pérez Muíño. Constitúe unha proposta de teatro xestual, danza e acrobacia, cun personaxe de “múltiples recursos” que combina diferentes disciplinas escénicas e circenses co nexo común dun “marcado rexistro clown”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.