O Puebla FC e a SD Compostela xuntan forzas a prol do fútbol base

14 Xullo 2022

Impulsar e afianzar o fútbol base no concello da Pobra. Este é o obxectivo da alianza formalizada entre o Puebla F.C. e o S.D. Compostela mediante a sinatura dun convenio que pretende, en palabras dos responsábeis dos clubs, “dar un salto cualitativo no futuro da entidade pobrense para conformar unha sólida estrutura de traballo ao tempo que se instauran sinerxías”. Todo isto co apoio institucional do Concello.

Coa a presenza do alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), o presidente do club pobrense, Nelson Barreiro, e o seu homólogo da sociedade compostelá, Javier García, rubricaron o acordo cuxa duración é de tres anualidades, revisábel en cada exercicio, que ten “como obxectivos básicos educar os nenos/as da canteira pobrense a través da actividade física”.

O director deportivo do Puebla F.C., José Francisco Cores, e o director deportivo da canteira do S.D. Compostela, Víctor Pazos, debullaron o plan de acción no que esta última sociedade xoga “un papel fundamental”, salientaron. Farao achegando asesoramento para o perfeccionamento do método de traballo e accións formativas dirixidas aos adestradores. Tamén, compartindo en diversas xornadas e encontros a metodoloxía empregada polo club santiagués. Amais, a colaboración traducirase en adestramentos con contidos deportivos de calidade, tecnificacións, a posibilidade de sesións conxuntas e torneos. A isto último hai que engadir a ocasión de asistir a citas da referida sociedade compostelá.

A maiores, esta firma supón que ámbalas entidades co-organizarán eventos e actividades de intercambio, a realización de campus de fútbol base, clínics, cursos de tecnificación e partidos amigables, entre outras cuestións.

O rexedor trasladou o apoio da Administración local a este tratado e a disposición das instalacións deportivas municipais para materializalo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.