A Pobra inicia as viaxes en veleiro a bordo do Mascato

14 Xullo 2022

O 16 de xullo comezan as viaxes en veleiro con saída dende A Pobra do Caramiñal para dar a coñecer o patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico “dunha maneira diferente”, sendo explicou a titular da Concellaría do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra).

O Mascato partirá nos sábados e domingos dos meses punteiros da época estival. Concretamente, as seguintes excursións serán nos días 17, 23, 24, 30 e 31 de xullo; e 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de agosto. A duración do traxecto é dunha hora e media e as travesías serán en quenda de mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas.

O importe a pagar é de 15 euros para persoas adultas e de 10 euros para menores de 12 anos, con desconto para as familias.

A cabida está limitada a 10 prazas, que se deberán reservar previamente no punto de información turística (situado na Casa Mariñeira), no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.