Unha senda conectará tres núcleos de Rianxo

28 Outubro 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar o contrato de redacción do proxecto para construír unha senda na parroquia do Araño, en Rianxo, co propósito de facilitar a mobilidade dos veciños.

O contrato foi adxudicado a L2 Ingeniería y Consulting por un investimento de máis de 18.000 euros, cun prazo de execución duns seis meses.

Este itinerario desenvolverase ao longo da estrada autonómica AC-305 e permitirá conectar en condicións de maior seguridade o treito entre os núcleos da Casilla, O Araño e Burés.

Así, execución desta senda peonil ten como obxectivo incrementar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos cotiás neste tramo da citada vía no concello rianxeiro.

O percorrido posibilitará a formalización dun itinerario peonil continuado da lonxitude que se estime precisa, e a comunicación na entorna dos citados núcleos de poboación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...