Este venres o equipo de Goberno, a Corporación municipal, as traballadoras e traballadores do Consistorio e a cidadanía de Ribeira gardaron cinco minutos de silencio con motivo do 25º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco e como mostra de solidariedade coas vítimas do terrorismo. A concentración abeirouse á iniciativa da FEMP, que convocou concellos, deputacións, cabidos, consells para mostrar unha repulsa conxunta contra o terrorismo.
En palabras da FEMP, a convocatoria de concentracións de cinco minutos de silencio á porta dos concellos tivo como obxectivo “lembrar a Miguel Angel Blanco e enviar o noso agarimo e apoio á súa familia e aos seus amigos”; “foi asasinado por ser concelleiro do Partido Popular nun concello democrático, o de Ermua, un crime rexeitábel terrorífico que fixo que hai 25 anos España se botase á rúa”.




