O Liceo Marítimo de Ribeira vai albergar na tarde de mañá xoves o Congreso Extraordinario do Partido Popular de Ribeira, con Manuel Ruiz Rivas como candidato único.
A cita coas urnas entre a militancia dará comezo ás 18 horas e permanecerá aberta ata as 20 horas.
A continuación celebrarase un acto público (de acceso libre a quen se queira achegar) no que está previstas as intervencións de Fabiola García, a secretaria xeral do PP de Galicia Paula Prado; e o presidente provincial Diego Calvo; ademais do propio Ruiz Rivas. Tamén esta prevista a asistencia de Gonzalo Trenor.




