A Pobra do Caramiñal, porto de referencia para a travesía Navega el Camino

12 Xullo 2022

A travesía Navega el Camino xa está consolidada como unha modalidade de face-lo Camiño de
Santiago coa vista posta no mar. Un ano máis, A Pobra do Caramiñal convértese en porto dunha nova etapa neste 12 de xullo co recibimento dun total de 105 persoas do ámbito nacional e internacional distribuídas en 26 embarcacións a vela.
Trátase dunha ruta de peregrinaxe marítima impulsada por Northmarinas que, ademais da súa tradición xacobea, conmemora nesta sétima edición o quinto centenario da primeira circunnavegación de Magallanes e Elcano.
O alcalde da Pobra do Caramiñal e presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra); a xerente da
Mancomunidade, Fátima Cachafeiro; e representantes do resto de concellos que conforman o ente supramunicipal recibiron o equipo no Náutico e convidárono a xantar no restaurante situado nesas mesmas instalacións.
A maiores, o Concello pobrense agasallouno cun obradoiro de baile e pandeireta ofrecido por Arrancadeira para mergullalo no folclore galego e achegarlle máis de preto parte da nosa idiosincrasia.
A expedición chegará a Santiago no 14 de xullo despois de realiza-lo último tramo do Camiño a pé e tras 15 etapas a vela pola costa atlántica norte, que tivo como porto de partida La Rochelle, no 24 de xuño,
acreditando así as 100 millas náuticas esixidas para obte-la Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.