A Xunta pon a disposición dos centros comerciais abertos e federacións un novo entorno dixital para solicitar axudas o comercio de proximidade

11 Xullo 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, mantiveron un encontro cos representantes do Centro Comercial Aberto de Noia para animar aos representantes dos centros comerciais abertos (CCAs) e das federacións e asociacións de comerciantes de
ámbito superior ao municipal a solicitar a orde de axudas de 2,75 millóns que ten por obxectivo impulsar o comercio de proximidade galego, a través de dous programas de axudas. O representante do Goberno galego incidiou en que o prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o vindeiro 27 de xullo.
Trenor trasladoulles as novidades deste programa e presentoulles un novo entorno dixital que a Administración autonómica pon á súa disposición. Esta nova intranet permitirá optimizar a xestión destas entidades, ao tempo que facilitará melloras nos plans de axuda ofrecidos ao sector, ao contar con datos máis precisos sobre o seu día a día.
En relación coas ordes de axudas, tal e como apuntou Trenor, por primeira vez ponse en marcha unha liña en exclusiva para os centros comerciais abertos, o que permitirá que estes teñan arredor dun 20% máis de orzamento ao seu dispór, en total 2.25 millóns de euros. As asociacións de praceiros, que ata o de agora accedían á mesma convocatoria de apoios, contarán este ano cun programa específico.
Os CCAs contarán con axudas de ata 52.000 euros, en función do número de comercios asociados, apoiando así ás asociacións que atraen un maior número de negocios. Entre as actuacións subvencionables atópanse o mantemento de portais de marketplace e iniciativas de dinamización comercial e de fidelización da clientela, ademais do mantemento da unidade xerencial. Por outra banda, o programa destinado ás asociacións de ámbito superior ao municipal e
federacións conta cun orzamento de 500.000 euros. Entre as actuacións subvencionables
atópanse as campañas e eventos de promoción e dinamización comercial.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.