A concelleira de Cultura, María Sampedro, achegouse ata as instalacións do Colexio O Grupo con motivo da posta en marcha dos campamentos de conciliación do Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer.
Son 130 os rapaces que están a participar entre ambas iniciativas, habendo a día de hoxe unhas dez ou doces prazas vacantes. A este respecto, María Sampedro explicou que aínda esta semana houbo novos alumnos que se apuntaron e animou a pais e nais que estean en dúbidas a que se animen a anotalos coa seguridade de que aprenderán moitas cousas.
A edil de Cultura mostrouse encantada de que despois destes dous anos de pandemia se puideran recuperar os campamentos municipais de verán.




