
Dende hai moitos anos a Comisión de Pesca da Unión Europea evidencia a súa máis absoluta desconexión co sector que, teóricamente representa: o pesqueiro. Non séi se porque non saben ou, o que sería pior, porque non queren saber- Máis o certo é que as repercusións nas frotas do Gran Sol e de litoral emanadas do posible veto da UE á pesca de fondo ven ser o golpe definitivo a un sector do que viven en Galicia milleiros de familias de pescadores.
Sexa como fose
E dicir: por ignorancia, por despiste, porque alguén se pasou na medida da súa capacidade de absorción ou, o que sería xa unha verdadeira proba de mala fé, o aprobado para 94 áreas de augas comunitarias teóricamente vulnerables do Atlántico Nororiental non cabe en ninguna cabeza. De aquí que non fesulte chamativo que tanto a Consellería do Mar da Xunta como o propio sector se unan para formar unha fromte común contra tal medida. Porque Bruxelas debe dicir, antes que ninguna outra cousa, cal é o beneficio que a UE tira de tal medida.
Por parte da consellería está nidiamente claro: de se producir ese veto que Bruxelas baralla (escoitando máis a organizacións ecoloxistas que a organizacións pesqueiras debidamente acreditadas) será a vía xudicial o camino para defender con sentido común ese patrimonio que todos os europeos temos nas augas atlánticas. As repercusións son moi graves. Moito máis do que semellan ser a simple vista. Quen deixaría de se ver afectado en Galicia se cae unha industria como a pesca?. E todo sen argumentar nen, tan siquera, contar coa maioría favorable á hora de votar a toma de decisión.
Unha decisión mal tomada ou un am osar una orella para que os pescadores nsaib an que o lobo está á espreita?.
Non hai xustificación para aplicar unha medida semellante. Por este motivo queda confiar que non sexa outra cousa que un falar por non estar calado. Porque tal e como está cuestión, a proposta deberá pasar novamente o filtro da votación, e nunha próxima ocasión non habería tanto voto favorable e tanta abstención. De aquí que a postura da Xunta e o apoio evidente do sector parezan os máis importante para que Bruxelas saiba dunha vez por todas que coas cousas de comer non se xoga. Que se faga ese “seguemento exhaustivo” que anuncia o goberno galego para o pretendido veto da pesca de fondo en áreas concretas do litoral comunitario é o menos que se pode formular diante de posturas tan inexplicables por inxustificables como as anunciadas pola Comisión de Pesca.



