Esta fin de semana O Freixo (Outes) festexa a cultura do mar na súa primeira Feira Náutica

01 Xullo 2022

O Freixo (Outes) acolle este fin de semana un relevante acontecemento relacionado co mar, coa nosa historia e coa nosa identidade: a Primeira Feira Náutica do Freixo, organizada dende o Concello. Serán dous días de actividades, entre o 1 de xullo e o 3 de xullo, a desenvolver no Centro Náutico da dita vila mariñeira.

O programa, entre outras cousas incluirá unha feira sectorial, unha convocatoria de bolsas de emprego, unha mostra de embarcacións tradicionais e máis o desenvolvemento de travesías marítimas (por exemplo saídas en kayak de balde que permitirán ás persoas participantes navegar até as proximidades da praia de Broña, Tavilo, O Albán e mesmo até a illa da Creba; ao que se engaden travesías no histórico balandro Joaquín Vieta ou a bordo das embarcacións das empresas participantes no evento).

Tamén están programados roteiros divulgativos, demostracións, degustacións e obradoiros de gastronomía, amais de música e “infinidade de actividades a carón do mar”, segundo informou o Concello na presentación da feira.

A feira vai dirixida ao público en xeral e a profesionais do sector. Darase especial prioridade á participación de empresas do concello de Outes vencelladas ao mar e integradas a través dun programa de actividades dirixido a “visualizar, reivindicar, promocionar, e gañar volume de negocio, dándolles a oportunidade de poñer en valor a súa actividade ante os visitantes e de establecer contactos de cara a potenciais contratos, colaboracións, intercambios e adquisicións de produtos e servizos”.

Segundo informaron fontes do Consistorio, os obxectivos da feira é “mostrar a esencia e identidade marítima da zona así como o destacado patrimonio da contorna vencellado ao mar, á súa cultura e á súas actividades económicas asociadas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.