A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e o Concello de Boiro volven unir forzas para dar un novo impulso ao comercio e á hostalería local, reivindicando as compras de proximidade e as súas moitas vantaxes (sustentabilidade, calidade, beneficios locais, desenvolvemento, emprego, etc). Na nova campaña de verán da ABE (en colaboración co Concello) presentada este 30 de xuño polas dúas entidades repartiranse 2.000 euros en bonos ABE e catro bicicletas.
Desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. Colocaranse dous tótems de 2,5 metros nas rúas de Boiro coa imaxe da campaña e o nome de todas as empresas e persoas socias (200). Sortearase cada quincena 500 euros (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros) e unha das catro bicicletas incluídas na campaña, chamada Quincenas Fantásticas.
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.
Complementando esta campaña e buscando “achegar a imaxe das empresas asociadas aos veciños e visitantes” a ABE colocará nas rúas de Boiro dous tótems de 2,5 metros con feitura de cubo nos que irá ademais da imaxe da campaña os nomes comerciais de todas as socias e socios.
Para esta campaña usarase o cancelo #quincenasfantasticas.
Na presentación celebrada este xoves 30 de xuño no centro urbano de Boiro participaron o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, e máis o presidente da ABE, Daniel García.

Sorteos cada quincena
Tíckets rexistrados do 1 ao 17 de xullo >> sorteo o 19 de xullo
Tíckets rexistrados do 18 ao 31 de xullo >> sorteo o 2 de agosto
Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto
Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro
A organización reservase o dereito a mover algunha das datas do sorteo se forse preciso o cal o comunicará na web e redes sociais.
Premios
2000 € + 4 bicicletas > 500€ cada quincena + 1 bicicleta
1 premio de 250 €
1 premios de 150 €
1 premios de 100 €



