A Marea Cidadá de Noia comeza a recollida de sinaturas para levar ao Parlamento Galego a sitaución do Centro de Saúde

29 Xuño 2022

A organización local comezará este xoves ás 12.00h da mañá a recollida de sinaturas,
que iniciará cun posto no Centro de Saúde de Noia.

Hai xa dous meses que dende a Marea Cidadá de Noia iniciaron os trámites para levar
ao Parlamento a Iniciativa Popular Non de Lei “para a mellora dos servizos sanitarios en
Noia”, Iniciativa que agora xa conta cos avais iniciais da Mesa do Parlamento e para a cal
xa poden empezar a xuntar as 2.500 sinaturas necesarias.

A formación local ven denunciando dende hai anos os efectos que os recortes en
materia de sanidade tiveron veciñanza do Concello de Noia, que viu reducidos os seus
servizos sanitarios e se enfronta a listas de agarda de ate 10 días para ter unha cita co
servizo de pediatría. Entre outros, dende a Marea denuncian falta de persoal en servizos
cada vez máis importantes, como a Área de Saúde Mental.

Segundo afirman dende a Marea, os problemas da veciñanza noiesa en materia
sanitaria non se reducen só a cuestión de persoal. Denuncian tamén graves faltas de
organización e, segundo afirman, un edificio para o Centro de Saúde claramente
obsoleto. A iniciativa inclúe, neste senso, o inicio canto antes dos trámites para a
construción dun novo Centro de Saúde na Vila.

Ao longo da mañá do xoves, a Marea Cidadá iniciará a recollida de sinaturas no Centro
de Saúde, onde tamén se recibirá á prensa e se tratará de socializar esta problemática
entre os veciños e veciñas, buscando así os avais necesarios para levar esta iniciativa a
debate no Parlamento Galego.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...