
O Concello de Boiro colabora co Foro Ecolóxico de Boiro para desenvolver unha serie de obradoiros que teñen como obxectivo impulsar o Mercado Eco-lóxico de Saberes e Sabores que se desenvolve na praza da Terceira Idade os segundos e cuartos sábados do mes. O concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, e a organizadora dos obradoiros, Débora Romero, realizaron esta mañá a presentación do programa de actividades.
Os obradoiros vanse desenvolver durante os meses de xullo e agosto os segundos e cuartos sábados do mes. Serán os días 9 e 23 de xullo, os días 13 e 27 de agosto e un último o día 24 de setembro. Os obradoiros serán de elaboración artesá de xabóns, bolsos, produtos de limpeza e cestería.
O obxectivo destes obradoiros é a difusión de valores sostibles dende unha perspectiva local, a promoción do mercado e foro ecolóxico, posta en valor do medio ambiente e posta en valor dun estilo de vida local e sostible.
“Dende o Concello de Boiro colaboramos con todas aquelas iniciativas que busquen potenciar o noso comercio local”, afirma o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo.
Todos os obradoiros se van desenvolver no Centro Social de Boiro ás 10.00 horas, son gratuítos e non requiren inscrición previa, o acceso é libre ata completar a capacidade máxima.



