Incentivos de 1.500 euros para contratar alumnado do Obradoiro Tahume VII nas especialidades de montes e pintura industrial

29 Xuño 2022

Os Concellos de Ribeira e Porto do Son informaron da mobilización de 1.500 euros en incentivos para a contratación de alumnado do Obradoiro Tahume VII nas especialidades de conservación de montes e pintura industrial, un programa conxunto de formación teórico-práctica que pon o foco en incrementar a empregabilidade da poboación dos dous municipios do Barbanza e favorecer, en última instancia, a súa inserción laboral.

En concreto, os Concellos fan saber que “con data do 27 de xullo” publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado do obradoiro de emprego dual Tahume VII, que está próximo a finalizar.

As contratacións temporais terán que formalizarse, con carácter xeral, entre os días 22 de xullo e 12 de agosto de 2022, cunha duración mínima 3 meses a tempo completo, o importe do incentivo será de 1500 euros por cada contratación realizada.

As empresas interesadas deberán presentar a requirida documentación conforme ás bases da citada convocatoria no Concello de Porto do Son a través da sede electrónica de Porto do Son. O prazo máximo para facelo é o día 4 de xullo.

O Obradoiro de Emprego Tahume VII é un programa mixto de emprego – formación, que se iniciou o 22/10/2021 e remata o vindeiro 21/07/2022. Está promovido polo Concello de Porto do Son xunto co Concello de Ribeira, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social no que actualmente participan 20 alumnos-traballadores, de 18 anos en adiante, durante 9 meses , co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e inserción laboral, por medio da súa cualificación profesional.

Neste programa combínase a formación teórico-práctica co traballo produtivo, co fin de que ao rematar adquiran satisfactoriamente os certificados de profesionalidade de operacións auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309) de nivel 1 e pintura industrial en construción (EOCB0311) de nivel 2, titulacións recoñecidas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.