Unha muller de Boiro acusada de estafar a unha anciá á que coidaba

28 Xuño 2022

Unidades da Comandancia da Garda Civil da Coruña do Milladoiro investigou a unha veciña de Boiro acusada de estafar á anciá que coidaba. O dispositivo púxose en marcha cando a filla da vítima acudiu ao cuartel de Boiro para denunciar que consultara a conta bancaria da súa nai e observou multitude de operacións estrañas ou presuntamente fraudulentas, sabendo fidedignamente que a súa nai non as podía realizar. Manifestou que a cantidade estafada ascendía a 34.800 euros, retirados todos nos dous últimos anos.

A Garda Civil comprobou que existía unha coidadora da anciá, que prestaba os seus servizos durante as mañás e que podía ter acceso á citada tarxeta. Os cargos efectuábanse en gasolineiras, restaurantes, estancos, tendas de roupa e tamén existían retiradas en caixeiros automáticos. Os gastos realizábanse sempre en horario de mañá e na localidade de Boiro.

Os axentes procederon á investigación da empregada de fogar, que gozaba de gran confianza na familia ao levar dez anos contratada, como autora das operacións denunciadas como fraudulentas. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.