Comezan este luns, na Alameda de Noia, as Mañás Divertidas de deporte familiar

27 Xuño 2022

Este luns 27 de xuño dan comezo na Alameda de Noia as Mañás Divertidas, lanzadas dende o Concello para facilitar o día a día das familias neste tempo de verán e de vacacións, achegando actividades deportivas e de conciliación. Celebraranse tres días á semana, os luns, os mércores e os venres, en horario de 10:30h a 13:30h e ata o 2 de setembro. Haberá, na Alameda, actividades con tenis, mini-golf, tenis de mesa, badminton ou tiro con arco, entre outras disciplinas deportivas. O programa foi dado a coñecer a semana pasada pola concelleira de Deportes, Laura Salgado, xunto a Rubén Seijo, xerente de Rubén Seijo Actividades Dirixidas. Segundo fixeron saber facilitarase aos participantes de xeito gratuíto todo o material necesario para poder desfrutar destas actividades de lecer, deporte e conciliación familiar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.