Unha trintena de alumnos e alumnas de 4º da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame celebra o seu acto de gradación

24 Xuño 2022

Unha trintena de rapaces e rapazas de 4º da ESO do CPI Cernadas de Castro (Lousame) celebraron esta semana o seu acto de gradación e despedida do centro despois de 13 anos estudando nel. Un emotivo acto ao que asistiu a concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, quen estivo acompañada pola directora do centro, Pilar Cobas, así como por case un cento de persoas, entre profesorado, familiares e alumnado doutros cursos.
Silvia Agrafojo foi a encargada de abrir o acto, que tivo lugar no ximnasio do CPI Cernadas de Castro. A concelleira agradeceu o traballo levado a cabo polas familias e polo profesorado na formación destes rapaces e rapazas dos que dixo que “estamos moi orgullosos de todos vós e encantados de poder celebrar convosco este día tan especial”.
Aínda que “o mellor aínda está por chegar”, Pilar Cobas felicitou ao alumnado por “esta meta que acabades de conseguir: graduarvos en Educación Secundaria Obrigatoria e, polo tanto, ter o voso primeiro título oficial que esperamos que sexa o primeiro de moitos máis”. A directora tamén agradeceu o traballo das familias pois “aínda que o éxito é dos rapaces e rapaces, unha parte importante do mesmo reside nas persoas que tendes cerca no día a día: as vosas familias e o profesorado”. Pola súa banda, Pilar Cobas animou á rapazada a manter unha actitude positiva e emprendedora diante dos novos retos que van afrontar. Algo para o que lles servirán valores aprendidos no centro como o esforzo, a constancia ou a perseveranza.
O acto incluíu a proxección de vídeos recompilatorios deste último curso como dos 13 anos de estancia no colexio e rematou cunha emotiva entrega de diplomas e unha foto de grupo a todos os graduados/as.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.