O Son comeza o verán ofrecendo Wi-Fi gratis en sete espazos públicos do concello

23 Xuño 2022

O Concello de Porto do Son comezou o verán lembrando a cidadáns e visitantes a dispoñibilidade dun servizo gratuíto de acceso a Internet que está operativo en diferentes espazos públicos do termo municipal, un total de sete (cinco parroquias). A posta en marcha destes accesos Wi-Fi sen fíos foi posíbel grazas á participación do Concello no proxecto europeo WiFi4EU (do que tamén se benefician Rianxo e Ribeira), impulsado dende a Axencia Executiva de Innovación e Redes (INES) da Comisión Europea.

✅ Casa de Cultura de #Miñortos

✅ Casa de Cultura de #Portosín

✅ Praza do Curro de Portosín

✅ Casa de Cultura de #Queiruga

✅ Casa de Cultura de #SanPedro

✅ Biblioteca de Porto do Son

✅ Praza de España de Porto do Son

Procedemento

Para poder tirar proveito do servizo, deberemos identificar un número de teléfono móbil para recibir logo un SMS co usuario e contrasinal aleatorios que debemos utilizar para autenticarnos no portal do proxecto.

Desta forma cúmprese ademais cos requirimentos legais da RGPD e permite no seu caso, a identificación dun usuario final a través do número de móbil proporcionado no sistema.

O SSID ou nome da rede Wi-Fi difundida é: Wifi4 EU – PortodoSon.

O tipo de rede é aberto con autenticación “por portal cautivo”, informa o Concello, engadindo que este sistema permite que cando un dispositivo se conecte á rede Wi-Fi, abra automaticamente un navegador mostrando o portal do acceso. Este pode ser visitado tamén dende un navegador.

As credenciais facilitadas teñen unha validez de 24h aínda que, o seu uso está limitado a 12 h. a partir do primeiro acceso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.