JEALSA a Universidade de Vigo Ășnense para crear os Premios We Sea

21 Xuño 2022

O grupo conserveiro JEALSA, con sede principal en Boiro, vĂ©n de selar unha alianza coa Universidade de Vigo para dar forma a uns galardĂłns conxuntos que buscan visualizar, reivindicar e distinguir contribuciĂłns ĂĄ sustentabilidade e ĂĄ economĂ­a circular. TrĂĄtase dos Premios We Sea, que veñen na sĂșa primeira ediciĂłn con dĂșas modalidades: unha que recoñecerĂĄ o mellor traballo de Fin de Grao (TGF), e outra que premiarĂĄ o mellor traballo de Fin de Mestrado-MĂĄster (TFM).

Os Premios We Sea levan o nome do propio programa de Responsabilidade Social Corporativa de JEALSA, que Ă©, segundo lembra a conserveira, un programa pioneiro no ĂĄmbito estatal conserveiro e cuxos obxectivos “son o benestar econĂłmico social e a protecciĂłn da contorna natural”, reunindo todo o traballo e investimentos realizados pola compañía en materia de sustentabilidade e coidado do medio ambiente.

We Sea estå articulado nos cinco eixos de actuación de JEALSA, que reflicten å perfección o compromiso activo que mantén toda a compañía: pesca e compra responsåbel (We Buy & Sea), políticas de calidade (We Control & Sea), enerxías renovåbeis e medio ambiente (We Care & Sea), responsabilidade Social (We Respect & Sea) e economía circular (We Invest & Sea).

“Estamos moi contentos de colaborar coa Universidade de Vigo para a creaciĂłn dos Premios We Sea, que teñen o obxectivo de recoñecer as mellores prĂĄcticas de sustentabilidade e economĂ­a circular, asĂ­ como de incentivar a formaciĂłn e investigaciĂłn en materia de innovaciĂłn e modernizaciĂłn do sistema produtivo e desenvolvemento sustentĂĄbel. É importante concienciar ĂĄ sociedade e ao talento que estĂĄ por vir”, comenta Ángeles Claro, directora do programa We Sea de JEALSA.

Ángeles Claro, directora de We Sea

Entre os requisitos para os galardĂłns os traballos deberĂĄn obter unha cualificaciĂłn igual ou superior a 8, e estar orientados ĂĄ consecuciĂłn dalgunha das metas do Obxectivo de Desenvolvemento SustentĂĄbel, entre as que se atopan a produciĂłn e o consumo responsĂĄbel (punto 12) ou o coidado da vida submarina (punto 14).

Os estudantes da Universidade de Vigo que sexan recoñecidos cos Premios We Sea recibirån 1.000 euros en metålico, así como un convenio de pråcticas remuneradas por un período de tres meses nun centro de traballo de JEALSA, que se farå cargo de todos os gastos derivados do galardón. O prazo de presentación de candidaturas finalizarå o próximo 16 de setembro de 2022.

Para mĂĄis informaciĂłn podemos consultar as bases online da convocatoria.

Outros artigos

Boiro saca a licitaciĂłn a reforma do mercado de abastos

O Concello de Boiro anunciou a contrataciĂłn das obras de reforma do mercado de abastos, cun orzamento basee de licitaciĂłn de 145.657 euros e un prazo de execuciĂłn de tres meses. Este proxecto conta co cofinanciamento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“Centro Empresarial da ConstruciĂłn” – JosĂ© Manuel Pena

“Centro Empresarial da ConstruciĂłn” – JosĂ© Manuel Pena

A construciĂłn, como o resto de actividades laborais, Ă© fundamental para o crecemento econĂłmico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da ConstruciĂłn, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. JosĂ© Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. JosĂ© Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduraciĂłn de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco mĂĄs de 16 años, Aun asĂ­, segĂșn el CIS nos encanta...