O IES Virxe do Mar de Noia, premiado nos Premios #DígochoEu (e o IES Félix Muriel de Rianxo, finalista)

15 Xuño 2022

Na tarde deste martes 14 de xuño celebrouse na Cidade da Cultura a entrega da primeira edición dos Premios #DígochoEu organizados pola CRTVG e o espazo divulgativo en galego #DígochoEu, que ten como finalidade achegar a lingua galega dunha forma dinámica e entretida.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que foi un dos membros do xurado, fixo fincapé na calidade das pezas elaboradas por parte dos centros, que se involucraron de cheo con esta nova proposta “coa que seguir traballando a prol da lingua galega dun xeito entretido e motivador para os máis novos”. Entre os centros recoñecidos figurou o IES Virxe do Mar de Noia (premio de prata) e, tamén, o IES Félix Muriel de Rianxo, que conseguiu ser finalista.

Xunto ao secretario xeral estiveron presentes Carlos F. Amado, un dos creadores do formato #DígochoEu, e Esther Estévez, presentadora deste programa, que conduciron o encontro. Tamén o actor galego Adrián Castiñeiras e a tiktokeira colaboradora da TVG Laura Franco, ambos membros do xurado.

O concurso consistiu na elaboración e execución dun vídeo de arredor de un minuto pensado para emitir no espazo #DígochoEu da CRTVG, achegando así a lingua galega á xente nova e fomentando a súa colaboración e mais a dos centros educativos.

Nesta edición participaron máis de 200 escolas de Primaria e Secundaria, entre os que se seleccionaron 10 propostas coas que a CRTVG gravou un programa de #DígochoEu. Estes centros finalistas foron o IES San Rosendo (Mondoñedo), o IES Pino Manso (O Porriño), o IES Pedra da Auga (Ponteareas), o IES Virxe do Mar (Noia), o IES Félix Muriel (Rianxo), o CEIP Francisco Vales Vilamarín (Betanzos), o CEIP San Clemente de César (Caldas), o CEIP Antonio Fernández López (Sarria), o IES Rego de Trabe (Culleredo) e o IES Número 1 (O Carballiño).
Destes 10 seleccionados, o CEIP Plurilingüe San Clemente (Caldas) recibiu o premio #DígochoEu de ouro, de 2.000 euros por un vídeo que xira arredor das orquestras, a música e os concertos. O premio de prata, de 1.000€, foi para o IES Virxe do Mar (Noia), por unha peza sobre a creación audiovisual; e o de bronce, con 500€, para CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López (Sarria), por un vídeo sobre a la J na lingua. Ademais, incluíuse tamén un cuarto premio especial do xurado, que gañou o IES Basanta Silva (Vilalba), de 200€ e a publicación do vídeo como un episodio máis do #DígochoEu. Para rematar, o grupo noiés Monoulious DOP encheu de música o encontro.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.