Gran demanda no Campamento de Verán de “Outes Concilia”

14 Xuño 2022

O concello atendeu máis de cen solicitudes de prazas para as distintas quendas

O Concello de Outes publicou o pasado 10 de Xuño a listaxe de admitidos nas distintas quendas do campamento de verán 2022, dentro do programa “Outes Concilia”. En total, foron 116 as solitudes atendidas para obter unha praza nalgunha das 6 quendas ofrecidas. O campamento de verán cubre todo o período non lectivo, xa que comeza o día 23 de Xuño e remata o 7 de setembro.  As quendas máis solicitadas foron as dos meses de Xullo e Agosto, nas que a demanda mesmo superou a oferta de prazas, que se fixou en 60 rapaces por quenda.

O alcalde de Outes, Manolo González, salientou o éxito do programa Outes Concilia, que cada día conta con maior aceptación entre as familias outenses e mesmo doutros concellos da comarca. O Campamento de Verán terá a súa sede nas instalacións do CEIP de Outes e combina actividades de lecer, sobre todo o aire libre, con actividades didácticas para as nenas e nenos de 3 a 16 anos.  No programa inclúense saídas a distintas zonas do concello como a praia de Broña, andainas e mesmo saídas en barco dende o porto do Freixo. “Ofrecemos un servizo de concilicación durante todo  o período non lectivo, o que sirve para que as familias máis novas teñan máis facilidades para vivir non noso concello”, afirmou o alcalde. O regulamento de acceso ao campamento prioriza o empadroamento no concello polo que ningún rapaz ou rapaza de Outes quedou sen praza, se ben nas quendas máis demandadas algunhas familias con residencia noutros concellos non puideron obter praza.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...