Adxudicada a instalación dun sanemeanto con pozo de bombeo en Canabeiro -Oleiros

14 Xuño 2022

O Concello informa da adxudicación dunha actuación destinada á instalación de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Canabeiro, situado na parroquia ribeirense de Oleiros.

A zona en cuestión carece de saneamento municipal, razón pola cal se vai instalar unha tubería de SN4 de 315 milímetros de diámetro e 515 metros de longo máis outra por un ramal cunha lonxitude de 260 metros. Tamén se disporán 21 pozos de rexistro: 14 na liña xeral e 7 no ramal.

A través destes colectores conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas de caudal unitario 34,92 m3/h. De aquí as augas impulsaranse a través dunha tubería de polietileno de alta densidade de 550 metros de longo e 90 milímetros de diámetro ata conectar coa rede xeral.

A actuación, que está adscrita ao POS+2021 da Deputación da Coruña, recaeu na empresa Excavaciones Nima, S.L., comportando un investimento de 106.961,01, IVE incluído.

O prazo de duración das obras é de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.