“Unha estratexia de costa libre” – Antón Luaces

14 Xuño 2022

Se temos en consideración que -como sempre se dixo- a Administración que mellor atende e entende os problemas dun territorio non é outra que aquela que está máis próxima, compre dicir que se isto é así, que dúbida cabe sobre a significación a tales efectos dos concellos?. Sen embargo, unha das moitas eivas dos municipios, significadamente os galegos, é a súa incapacidade económica e a dependencia destes entes doutros superiores como son as deputacións, a Xunta e, evidentemente, o Goberno central. Mais, uns polos outros, e a casa sen varrer. Coma sempre. Nada novo.

O caso é que alcaldes duns 70 concellos do litoral de Galicia, reunidos en Ribeira -¿que mellor lugar para falaren da contorna litoral ou marítimo-terrestre?- forman hoxendía unha fronte común para reclamar a xestión efectiva das competencias na franxa costeira.

Amáis destes concellos, a Xunta -a través das consellerías de Medio Ambiente, Mar e Territorio e Vivenda- tentan formar unha forza única para reclamar do Goberno central a xestión efectiva das competencias en materia de dominio público marítimo-terrestre.

De entrada, o Goberno négase a completar o traspaso a Galicia desas competencias nunha franxa litoral na que se asentan arredor dunhas 4.000 construcións que corresponden a 82 municipios.

Sobre estas particularidades estabelece normas ou pautas a seguir a Lei de Costas do Estado para deixar en mans das comunidades autónomas as competencias que teñen atribuídas polos seus propios estatutos de autonomía. E Galicia, ao igual que o País Vasco, Andalucía e Cataluña, “pode e quere” xustificar as autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre, ao dicir da conselleira de Medio Ambiente.

Rosa Quintana, conselleira do Mar, tamén pon aquí a súa “pica” ao sinalar que a transferencia das competencias en materia de litoral facilitaría a súa xestión e poría fin aos “constantes ataques” do Goberno central contra o complexo mar-industria galego.

Para acadar tal resultado, a Xunta vai empregar “todas as vías nas súas mans”. Remataría deste

xeito un longo período de 37 anos desde que Xunta de Galicia e Goberno comezaran a falar das transferencias que actualmente reclama a autonomía galega. Se contemplamos este período de tempo, moito imos ter que remar para que o barco chegue a porto.

Para a Consellería de Medio Ambiente, esta é unha demanda lexítima avalada tanto polo principio de proximidade como porque é a Administración que conta con maior grao de coñecemento da realidade galega e do que representa o seu patrimonio para a identidade da paisaxe costeira.

Sería negar a Galicia unha xestión litoral que xa asumen algunhas outras comunidades. Pero non é menos certo que, asumidas competencias semellantes ás que agora se reclaman unha outra vez, os administrados tamén amosan a súa disconformidade coa xestión que a Administración galega exerce. Por exemplo, nos portos de titularidade autonómica.

Unha estratexia de costa libre, para quen?

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.