CONGALSA, a primeira empresa alimentaria en obter a certificación acreditada do seu sistema de compliance penal e antisoborno

09 Xuño 2022

CONGALSA, a empresa de alimentación de produtos do mar con sede na Pobra do Caramiñal, e Fricosim, compañía enfocada á implantación e explotación de industrias frigoríficas e pertencente tamén á Corporación Empresarial CONGALSA, acaban de certificar o seu sistema de compliance penal, así como o seu sistema de xestión para previr o suborno. Ambas as certificación (UNE 19601:2017 e ISO 37001:2016), emitidas pola Entidade de Certificación Bureau Veritas, contan coa acreditación de ENAC.

CONGALSA e Fricosim superaron o proceso de auditoría con respecto aos seus procedementos ao redor destas materias. Na mañá deste xoves 9 de xuño o food manager de Bureau Veritas, Jacobo de Nóvoa, fixo entrega de ambas as certificacións ao director xeral de CONGALSA, Luis Miguel Simarro.

“Con estas certificacións, CONGALSA demostra que segue apostando pola excelencia no desenvolvemento dos seus procesos e procedementos”, destacou o director xeral da empresa da Pobra no acto de recepción dos certificados.

Ferramentas preventivas

O compliance alude ás medidas preventivas que deben adoptar as empresas para evitar a comisión de feitos delituosos ou inapropiados na súa contorna, eludindo así unha posíbel responsabilidade penal. Ambas as certificacións, en palabras do grupo empresarial, “demostran o compromiso de CONGALSA e Fricosim por establecer boas prácticas internas de xestión e gobernanza e de tolerancia cero na comisión de delitos para seguir sendo empresas líderes nos seus respectivos ámbitos de actividade: a alimentación, por unha banda, e o frío industrial, pola outra”.

Neste proceso, CONGALSA contou co asesoramento da firma Cremades&Calvo Sotelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.