Faise efectivo o convenio a prol da simplificación de trámites formalizado entre o Concello de Ribeira e a COAG

09 Xuño 2022

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia comunicou a plena interoperabilidade entre os procedementos de tramitación da entidade profesional de Concello de Ribeira (tramitación de traballos profesionais no caso do COAG, e de licenzas e outras autorizacións urbanísticas no caso da Administración local). Este proceso de simplificación administrativa e de concordancia entre as dúas entidades foi posíbel grazas ao convenio asinado entre o COAG e o Concello.

Segundo informan fontes do Consistorio ribeirense, o acordo (que fora presentado polo alcalde Manuel Ruiz, a naquel entón concelleira de Innovación Tecnolóxica Ana Barreiro, e Ángel Cid como representante do COAG en Santiago) “suporá unha maior simplicidade na realización de trámites burocráticos entre os cidadáns, ademais de repercutir noutros beneficios como aforro en papel e menos custes”.

Así, engade o Concello, “a partir de agora non será necesario presentar a documentación técnica requirida no Rexistro ou o Portelo Dixital do Concello, senón que basta con consignar o código de expediente/traballo do COAG na tramitación da licenza ou doutras autorizacións administrativas, de forma que o Concello poida acceder á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal”.

Como requisito, os arquitectos redactores deberán autorizar a descarga e proporcionar ao promotor que solicita a licenza ou outras autorizacións, o código de expediente e traballo, para que se indique na solicitude. A partir dese momento, o Concello poderá descargar a documentación técnica desde o COAG para que quede incorporada ao expediente municipal, sendo notificados os arquitectos autores no momento no que esta descarga se producen.

O Concello de Ribeira tamén puxo o foco “no importante esforzo que está a despregar a Administración local na adopción de medidas que contribúan a un menor gasto de papel (e a unha menor pegada no medio ambiente) e a axilizar os trámites burocráticos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.