“Alegrando o día e instruíndo” – Manuel Domínguez

07 Xuño 2022

Nun centro comercial, a moza de caixa pregúntame “bolsa?”, non, enviádesmo vós a casa.

“Pode darme o seu teléfono'”, boto man ao peto e entrégollo, “non, non, digo o seu número de teléfono”, “xa, como me dixeches se podo darche o teléfono e non o número pensei que o necesitabas”, “non grazas, quero o número”, “pois dixéralo así, o número”, “pois si”, “é o tal e tal”.

Só tentei alegrarte o día.

“Sobe arriba”, “desculpa e logo podo subir abaixo?, simplemente dime sube”, “non, sobe arriba”, “tamén me dirías baixa abaixo?”, pódese baixar sen ser abaixo, entrar dentro ou saír fóra a pesar desa redundancia ridícula e carente de sentido, pois a Real Academia Española considérao valido.

Cantar de Mío Cid, cando Rodrigo Díaz de Vivar dille a Alfonso VI: “Muchos males han venido por los reyes que se ausentan.…” e o monarca contesta: “Cosas tenedes, Cid, que farán fablar las piedras“.

E o profesor en clase di, “etcétera, etcétera”, eu gardo silencio, ao finalizar a clase diríxome a el e coméntolle: “Esqueceu que só se pode dicir unha vez etcétera, e non dous nin tres?”.

“E logo? Pois é así, de algo me serviría os meus estudos de gramática e lingüística”.

Tamén descoñece para que leva desde tempos afastados eses tres ou catro botóns na manga da chaqueta, levanta o brazo, mira e exclama: “Pois non, nunca me decatara”.

“Como sabe, hoxe en día son inútiles, pero no seu tempo foron de vital importancia”, “moi interesante” exclama, pois dime ti, outro día cando nunha terraza me convide a un albariño ou unha cervexa fresquita, que o meu saber, o meu coñecemento non é gratuíto.

Todo o que se dá gratis, non se valora, un fai unha consulta ao avogado, paga 100 euros e agradécese e dáselle mais pompa que aquela resposta do noso amigo, que nola deu sen custo algún.

“Hai quen vén o mundo como e pregúntanse o porqué soñan mundos impensados e pregúntanse por que non?”, George Bernard Shaw.

Outros artigos

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.