Boiro mellora a seguridade viaria na zona de Saltiño

06 Xuño 2022

O Concello de Boiro vén de realizar melloras na zona de Saltiño co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e os servizos na zona. Entre as actuacións levadas a cabo está a habilitación dun paso de peóns, a dotación de novos espazos de aparcamento e a mellora da iluminación.
Trátase dunha zona de moita afluencia, sobre todo durante o verán, pola proximidade do centro de saúde e os accesos á Praia de Barraña polo que se levaron a cabo medidas co obxectivo de desconxestionar o tráfico e favorecer a seguridade dos peóns. “Leváronse a cabo actuacións moi demandadas pola
veciñanza da zona xa que, debido á proximidade da praia e o centro de saúde, hai gran afluencia de tráfico e de viandantes”, afirma o alcalde, José Ramón Romero.
Realizouse un paso de peóns e unha zona peonil para mellorar a accesibilidade e seguridade nunha zona de moito tránsito de peóns. Fíxose unha reordenación do tráfico coa que se habilitaron preto de 90 novas prazas de estacionamento para favorecer os accesos á praia, sobre todo durante a época estival. Realizouse tamén a renovación do alumeado para mellorar a visibilidade na zona.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.