A homenaxe da Compañía Eléctrica á miss galeguista chega a Rianxo o vindeiro 10 de xuño

02 Xuño 2022

Rianxo vai dar acollida ao novo espectáculo teatral da Compañía Teatral: unha función que rende homenaxe a Emilia Docet, tamén coñecida como “Miss España galeguista”. A cita cultural vén da man da Concellaría de Benestar Socia, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo. Será o 10 de xuño no Auditorio Municipal, con funcións entre as 11.30 e as 21.00 horas.

A obra de teatro Miss Docet conta coa interpretación de Iria Pinheiro e nela a biografía de Emilia mestúrase e compleméntase coas de outras mulleres silenciadas e represaliadas logo do golpe militar e fascista do 36.

Miss Docet recupera desde a escena, en palabras da compañía teatral, “a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria”.

En concreto, a peza teatral achéganos á vida de Emilia Docet Ríos, que, con só 17 anos, aproveitou o concurso de Miss para exercer o seu galeguismo e a súa implicación política ademais de estar moi vencellada aos movementos do deporte e progresistas na cidade de Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...