Apertura do prazo de cobro para o pago voluntario de impostos en Boiro

21 Outubro 2019

20191021. O Concello de Boiro principiou hoxe o prazo de cobro para o pago voluntario de impostos, permanecendo aberto ata o día 20 de decembro. Así, os tributos que se poderán aboar durante este período son o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica; o Imposto Sobre Actividades Económicas; o Mercado/Mercadiño (3º trimestre de 2019); a Taxa de auga, lixo e sumidoiro (3º trimestre de 2019); a Taxa de Cemiterio Municipal 2019 e a Taxa por entrada de carruaxes e vados 2019.

Desde o Concello sinalan que o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio en período executivo coa recarga de constrinximento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...