Dodro acolle o día 7 de xuño unha charla sobre ciberseguridade para a cidadanía

01 Xuño 2022

Agora que se incrementaron exponencialmente as cousas que facemos na Rede (traballar, informarnos, comunicarnos, obter recursos de lecer e culturais) non cabe dúbida de que a necesidade de protexer os nosos datos, as nosas operacións e as nosas comunicacións é máis urxente ca nunca. Tendo en conta isto (tendo en conta que a sociedade dixital achega múltiples vantaxes pero tamén riscos que cómpre coñecer), o Concello de Dodro organiza o vindeiro martes 7 de xuño unha charla sobre ciberseguridade, encadrada no Plan Director da Garda Civil.

Será no Local Municipal do Centro de Día, a partir das 20.00 horas. A actividade abéirase o ciclo local de Charlas de Benestar. Organiza o Concello a través da Concellería de Servizos Sociais e Benestar. Na charla instruirase ás persoas asistentes sobre os riscos que entrañan os ciberdelitos máis comúns a día de hoxe, amais de conciencialas sobre a importancia de protexerse ante suplantacións de identidade, os virus, o malware, os correos falsos ou as diferentes modalidades do que se coñece como ciberacoso.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.