Inaugúrase a pavimentación correspondente á fase II do polígono industrial de Espiñeira

21 Outubro 2019

20191021. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Urbanismo e Obras, José Luis Ruiz; o arquitecto municipal, Emilio Piña; e o presidente da Comunidade de Propietarios do Polígono, José Manuel Avelleira, procederon esta mañá á inauguración da obra pertencente á fase II do polígono industrial de Espiñeira. Unha área na que se pavimentou unha vía de 620 metros de lonxitude e unha superficie de 7.440 metros cadrados.

Dita actuación, consistente na pavimentación específica para tráfico pesado, garante a máxima vida útil do firme cunha circulación diaria de ata 2.000 vehículos pesados. Ademais, na execución da pavimentación empregáronse 70 toneladas de material reciclado procedente de obras de construción co obxectivo de evitar o seu depósito en vertedoiros.

Este proxecto, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tivo un custe total de 116.306’47 euros. O edil José Luis Ruiz destacou a importancia desta intervención, a cal “se rematou nun prazo de tres días grazas á planificación dos traballos e a coordinación coa empresa adxudicataria, coa intención de causar o menor trastorno á actividade empresarial da zona.”

Pola súa parte, o presidente da Comunidade de Propietarios do Polígono, José Manuel Avelleira, falou da necesidade desta vía para o impulso da área industrial.

Na súa intervención, o rexedor José Ramón Romero fixo fincapé en que “esta obra, xunto coa instalación de cámaras de vixilancia, é unha das medidas coas que se busca darlle vida ao polígono e mellorar a súa seguridade así como tamén potenciar o emprego.”

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.