“Querela criminal contra o patrón (e o seu sobriño) do Villa de Pitanxo”. Antón Luaces

29 Maio 2022

Entrementres a Garda Civil de Pontevedra prosegue coas investigacións sobre o proceso aberto polo naufraxio en augas de Terranova do arrastreiro marinense Vila de Pitanx,- no que pereceron 21 dos seus 24 tripulantes na mencida do pasado 15 de febrero- as familias das vítimas desta traxedia preparan todo o necesario para, na vindeira semana, presentar unha querela criminal contra o patrón de buque, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial. Coidan os querelantes que existen indicios da existenza de 21 homicidios por imprudencia, delictos graves contra a saúde dos traballadores, falsidade documental e encubrimento.

Boa parte desta listaxe de feitos podería ter relación coas supostas contradiccións existentes entre as declaracións do patrón e o seu sobriño co declarado na comandancia da Garda Civil de Pontevedra polo mariñeiro ghanés Samuel Koufie, que se mantivo -ata o seu salvamento- en pantalóns vaqueiros durante cinco longas horas na balsa salvavidas tentando que a auga que había a bordo desta non lle superara o nivel dos xeonllos, cousa que el mesmo opinaba foi a que lle salvou a vida.

Foron estas contraditorias declaración dos tres únicos sobreviventes as que induciron á Audiencia Nacional a encetar esta investigación que leva á apertura dunha causa sobre un presunto delicto de homicidio por inprudencia por cada un dos 21 mariñeiros finados e mesmo contra os dereitos dos traballadores.

Turrando do fío no caso, as familias deses 21 tripulantes reafírmanse na necesidade de coñecer as causas que motivaron o afundimento do Villa de Pitanxo e tirar conclusión para que “nunca máis se repitan este tipo de naufraxios” . E todo porque tampouco concordan aquí as declaracións do patrón e o seu sobriño (as únicas persoas das rescatadas con ou sen vida que levaban posto o traxe de supervivencia) e o mariñeiro africano, Samuel Koufie, segundo cuxo testemuño nese momento do naufraxio non se escoitou a orde de se poñer a devandita roupa de sobrevivencia, o que leva a pensar que ou ben non escoitou o que o patrón dicía ou que este nunca tal cousa dixo.

Por outra banda, unha empresa norueguesa ofreceu ceder á Xunta de Galicia equipos de busca e localización do pecio do Villa de Pitanxo. En concreto, un robot e un sónar de barrido lateral a empregar no caso de que, finalmente, se autorice baixar ata o lugar no que se atopa afundido o buque con, supostamente, os corpos dos mariñeiros non rescatados no seu interior.

No caso de que se acepte ese ofrecemento, a Xunta asumiría o custo da recollida e entrega deste material, co compromiso firme de que o Goberno central aporte o buque a utilizar durante a operación a desenvolver nos meses de verán a unhas 250 millas da illa de Terranova.

Antes de que o Executivo de Galicia presente ao Goberno español este posible acordo, tal cuestión sería formulada  pola Xunta ós tres partidos (PP, BNG e PSdeG-PSOE) que conforman o arco parlamentario galego.

Compre sinalar que os Servizos de Salvamento Marítimo Español, o IEO, a Armada española e outras empresas privadas existentes en España, dispoñen de todo ese material ofertado pola empresa norueguesa. O que se descoñece é o motivo polo wue non se pon ao dispor da investigación.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.