Boiro declara tres días de loito oficial polo falecemento de D. Jesús Alonso Fernández fundador de Jealsa- Rianxeira e convoca pleno extraordinario o sábado

27 Maio 2022

O Concello de Boiro vén de declarar tres días de loito oficial polo pasamento de D. Jesús Alonso Fernández. O loito oficial será dende as 00.00 horas do día 28 de maio ata as 24.00 horas do día 30 de maio de 2022, durante os cales as bandeiras dos edificios públicos municipais ondearán a media hasta.
O Concello de Boiro, en nome do goberno local, toda a corporación e os traballadores municipais, manifesta o seu máis profundo pesar polo falecemento de D. Jesús Alonso Fernández e as condolencias á familia.

O Concello de Boiro convoca amais un pleno extraordinario e urxente que se vai celebrar este sábado 28 de maio de 2022 ás 11.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro coa seguinte orde do día:

  1. Pronunciamento sobre a urxencia.
  2. Mostra de condolencia, recoñecemento e respecto con motivo do
    falecemento de Don Jesús Alonso Fernández, exalcalde do Concello
    de Boiro.

O histórico empresario Jesús Alonso Fernández, fundador do imperio conserveiro grupo Jealsa e exalcalde de Boiro, faleceu á primeira hora desta tarde aos 92 anos. Alonso levaba uns anos afastado dos negocios por temas de saúde, pero o seu falecemento provocou un enorme pesar no seu Boiro natal e a comarca do Barbanza, onde o grupo conserveiro xeral miles de empregos. Será enterrado mañá na súa cidade natal.
Jealsa foi fundada por Alonso Fernández en 1958 cunha pequena fábrica en Vilaxoán e aos poucos foi incrementando a súa actividade. En 2015 deixou a empresa en mans do seu fillo, Jesús Alonso Escurís, ata chegar ao día de hoxe, cunha facturación de máis de 704 millóns de euros e presenza en todo o mundo.

Durante estes máis de 60 anos, desde a creación da súa primeira empresa conserveira, Jesús Alonso viu como aquela Rianxeira, coas curvas de Sofia Loren, chegou a miles de fogares en España e as conservas fabricadas en Boiro, cruzaban o Atlántico para conquistar mercados americanos. Na actualidade, o grupo de empresas que fundou este emprendedor boirense, agrúpanse en Jealfer, Jealsa, Alessa, Beltaine e Seanergy, con instalacións en Chile, Guatemala e Brasil.

Pero o máis importante para Jesús Alonso, relatan desde a compañía, sempre foi o desenvolvemento e benestar dos seus conveciños. Por iso, as empresas da familia Alonso Escurís manteñen os seus principais centros de produción na comarca do Barbanza, onde dan emprego a máis 3.000 persoas.

Jesús Alonso, ao cumprir 65 anos, deixou a primeira liña das súas empresas en mans da seguinte xeración para presentarse á Alcaldía de Boiro. Foi Alcalde do seu pobo durante dúas lexislaturas con maioría absoluta.

Hoxe en día, os seus fillos: Puri, Jesús M. Juan L, Javier e Miguel Alonso Escurís, seguen o legado do seu pai mantendo os valores e a filosofía de traballo que el lles inculcou.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.