Aprobación de media decena de propostas no pleno da Pobra

27 Maio 2022

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu este 26 de maio a sesión ordinaria do pleno da Corporación. Puídose visualizar, como de costume, a través do Youtube municipal.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación acta anterior (10 de novembro de 2021).

2. Proposta da alcaldía para o apoio á moción presentada polos presidentes das xuntas reitoras das comunidades de monte veciñal en man común Barbanza de Posmarcos e Barbanza de Lesón respecto da iniciativa lexislativa popular presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM). Foi exposta por Lorena Muñiz Sampedro, representante da comunidade de montes. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP).

3. Aprobación provisional de crédito extraordinario 02/22 e modificacións de subvención nominativa. Aprobada por unanimidade.

4. Aprobación de recoñecemento extraxudicial de créditos n°02/22. Aprobada por unanimidade.

5. Proposta do grupo municipal do PP relativa ás naves dos Areos. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

6. Proposta do grupo municipal do PP relativa ao novo centro de saúde. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ao seguinte asunto de urxencia.

1. Proposta da alcaldía sobre corrección dos proxectos ao abeiro do POS+2022. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a proposta por unanimidade.

Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.