O Concello de Boiro celebrou este xoves ás 20.00 horas unha sesión plenaria extraordinaria, que contou coa totalidade de membros da corporación (17) e que foi retransmitida, como de costume, a través do Youtube municipal, onde se pode visualizar de xeito íntegro. A orde do día era instar ao Goberno de Boiro a que adoptase as medidas pertinentes tendentes a cumprir coas obrigas económicas en relación aos distintos clubs da localidade. A proposta foi aprobada por unanimidade (17 votos a favor).
UCIN Galicia critica ás administracións polo “aumento da criminalidade no Barbanza”
O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, mostrou nun comunicado a súa profunda preocupación polo "incremento da criminalidade rexistrada en diversos municipios da comarca do Barbanza" e, especialmente, "polos datos coñecidos recentemente en Ribeira, onde os...



