Boiro acolle o túnel do viño das IXP de Galicia despois dunha semana de encontros entre adegueiros e institucións

26 Maio 2022
Despois das xornadas divulgativas celebradas en Valga e Rianxo, o sábado 28 de maio terá lugar, no Pazo de Goiáns (Boiro), un Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, que nesta ocasión terán como protagonista a IXP Barbanza-Iria. Ao longo do día terán lugar un acto institucional de apoio aos viños das IXP e catas comentadas para profesionais e público xeral, nas que estarán presentes adegas de toda Galicia.
No acto institucional está prevista a lectura dunha declaración institucional, a través da que se busca o compromiso das entidades locais cos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas para a promoción dos seus viños, o fomento do seu consumo e o reforzo do sector vitícola no territorio. Participarán os alcaldes de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Dodro, representantes institucionais dos concellos de Valga, Pontecesures, Catoira, Portas, Ribadumia, Ribeira e outros concellos que forman parte da IXP Barbanza-Iria e comarcas limítrofes, adegueiros de toda Galicia, o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, a presidenta da asociación Ambar, e representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural Deloa e Salnés-Ulla-Umia, así como dos outros GDR que participan no proxecto.
Pola tarde, no túnel do viño poderanse coñecer e probar viños das catro IXP de viño de Galicia a través e catas comentadas que se celebrarán ao longo do día, poñendo o foco nos da IXP Terra de Barbanza-Iria.

PROGRAMA
12:00    Visita ao Pazo de Goiáns e á mostra dos viños das IXP
12:30    Acto institucional de apoio e promoción dos viños das IXP
17:00    Catas de viño comentadas para profesionais
18:30    Catas de viño comentadas abertas ao público

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.