O CEIP de Abanqueiro, no palmarés dos Premios ao Cooperativismo no Ensino da Xunta

26 Maio 2022

O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (Boiro) é un dos centros distinguidos pola Xunta no certame e Cooperativismo no Ensino, que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de fallar. Tamén foron recoñecidos sete centros máis da xeografía galega.

Trátase dunha iniciativa coa que se pretende “difundir e promover os valores desta fórmula de economía social entre a poboación escolar galega, en concreto, entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial”.

O certame conta cunha dotación económica de 28.000 euros que se destinan aos premios nas diferentes categorías que se agrupan en tres modalidades diferentes: en actividades artísticas resultaron gañadores na categoría destinada ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil: o CEIP Plurilingüe Domaio, de Cangas, polo traballo Todos somos especiais: Cooperación espacial; e o accésit recaeu no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, de Boiro por Escultura narrativa.

Na categoría para o primeiro e segundo curso de Educación Primaria resultaron galardoados o CEIP Plurilingüe Domaio, de Cangas, por S.O.S. ao planeta, cooperamos por un mundo máis sostible; e o accésit recaeu en Animalízate! Amor con patas: Museo dos Animais do CEIP de Laredo, en Chapela (Redondela).

O premio ao mellor traballo da categoría de terceiro e cuarto de Educación Primaria recaeu en Cooperativa 3D do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros (Lugo); e o accésit en Mulleres estrela, creando referentes do CEIP Plurilingüe Domaio.

Por último, na cuarta categoría desta modalidade, a dirixida a quinto e sexto de Educación Primaria, resultou vencedor o traballo Tecendo a cooperativa, do CEIP San Miguel Reinante Barreiros; o accésit foi para o CEIP Plurilingüe Domaio por Na nosa orixe cooperamos para evolucionar.

Na segunda modalidade do certame, para actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial, recibirán o premio o Centro de Educación Especial Aceesca do Porriño por Cooperativa Escolar O Mistral: Iniciativa Para unha vida sen límites; e o accésit, o IES Valadares de Vigo por Lugh: Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil do Sobreiral de Valadares.

Mellor proxecto empresarial

A terceira modalidade do concurso para proxectos empresariais cooperativos premia a centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial. Nesta edición o premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo foi para Sentidiño, sociedade cooperativa xuvenil galega presentado polo CIFP Imaxe e Son da Coruña. O accésit será para Contorno accesible do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra).

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.