“Que sexa para ben”. Luís Celeiro

24 Maio 2022

Xa todo é diferente do que a xuventude doutra época soñaba. Non hai xente vivindo nos pobos pequenos nin nas cidades monumentais, artísticas e históricas. Ninguén quere saber nada da historia, de onte nin de antonte. Poucos, moi poucos son aqueles que recordan outros tempos, poucos saben como se guisaban os xurelos e moi poucos viron poñer ás galiñas. Todo é diferente do que foi, menos a morte que segue igual de tristeira, lutuosa, vestida de negro e para sempre. Non hai carpinteiros, nin ferreiros, nin fontaneiros que arranxen a billa. Non hai traballadores da construción, nin mecánicos, nin taberneiros, nin camareiros, nin onde traballar. Non hai soldadores, nin quen saiba soldar. Non quedan ferreiros, nin mariñeiros, nin costureiras, nin xente que aprenda a laborear. Estamos nun período silandeiro, no que poucos poden falar e case ninguén é quen de cantar. E, moi poucos lembran aquelas cantigas de taberna que gustaban e animaban á xente toda, sen ser traballo para os cantores.
Que pasa? E, que pasará cando se acaben os traballadores e os oficios que quedan? Onde está ese relevo xeracional que non se ve nin en pintura? Onde estará? Todo se acaba e sempre hai algo para comezar, para crear e para facer. Paseniño e moi engorde, moito se pode aprender neste mundo que non se para, que segue o camiño marcado e no que, como dicía Marx, calquera traballador ten “máis necesidade de respecto que de pan”.
Agora andan os políticos e os programadores, educativos ou formativos, coa FP. Parece que pode ser unha extraordinaria vía para a inserción laboral da mocidade. Así, pois, a formación, a práctica, o coñecemento e o respecto aos valores e á sociedade poden ser alicerces para empuxar o cambio conveniente ou necesario.
Os oficiais queren ensinar o oficio aos novos. -E os novos, que queren? -Queren saber o principal: A que hora empezamos a xornada e a que hora a rematamos? Canto se gana e como é o asunto das vacacións? -A resposta a cada unha desas preguntas é clara: depende! -De que?. -Depende de ti, colega. Todo depende de ti e da túa capacidade de asimilación. -Mestre, vostede moi ben fala. É político?
Alguén dixo que o traballo era o refuxio daqueles que non tiñan nada que facer. Será certo? O certo é que en durmir e traballar invértense a maior parte das horas do día. Como dicía a Tía Manuela, “que sexa para ben”.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.