A axenda de verán do Centro Social de Outes inclúe charlas, andainas e obradoiros creativos

20 Maio 2022

O Concello de Outes presentou a axenda de actividades do Centro Social para este verán 2022, un programa de accións que xa ten aberto o prazo de inscrición e que poñen o foco no lecer, no envellecemento saudábel e na calidade de vida das persoas maiores. O programa será ademais un programa descentralizado, con diversas citas nos centros sociais das parroquias.

A axenda inclúe (entre outras cousas) unha sesión informativa teórico-práctica Coidados da persoa dependente e da coidadora, que se desenvolve no Centro Sociocultural de A Vila do Monte (15 de xuño ás 19h), no Centro Sociocultural de Outes (22 de xuño ás 19) e no Centro Sociocultural de Cando (o 27 de xuño ás 19 horas). A actividade será impartida por Adelina Couselo Ferreiro (terapeuta ocupacional de ADISBISMUR) e Alicia Creo Lago (educadora en ADISBISMUR).

O programa inclúe tamén unha charla sobre plantacións ecolóxicas da man da Asociación de Cultivos na Procura do Equilibro Ecolóxico (Centro Sociocultural de San Cosme, o 27 de setembro ás 18.30 horas) e máis unha andaina saudábel para os maiores, da man do persoal do Centro Social de Outes (a partir do luns 1 de xuño, con saída do Centro Social de Outes, o luns, do Freixo e Cando, o martes, de Cruceiro de Roo, o mércores, de A Vila do Monte, o xoves, e de San Cosme, o venres, en todos os casos a partir das 8.30 horas).

Na vertente máis creativa, a axenda inclúe o obradoiro Música e movemento, que se desenvolve entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, os luns e mércores ás 10.00 horas, na praza de Galicia (en caso de choiva no Pavillón de Cruceiro de Roo). O monitor será Luis González Blanco. O prezo é de 20 euros o cuadrimestre.

Tamén se inclúe unha actividade de ioga terapéutico, a desenvolver entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, os luns ás 19.00 horas no Colexio de Cruceiro de Roo, da man da monitora Eva Outeiral Otero. O prezo será de 20 euros o cuadrimestre.

Quen precise máis información pode solicitala no teléfono 981 850 575.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.