Suma Ribeira reclama programas de dinamización e lecer para as persoas de ingreso prolongado no Hospital do Barbanza

19 Maio 2022

A agrupación Suma Ribeira vén de anunciar que levará ao próximo pleno da Corporación unha iniciativa cunha serie de medidas destinadas a “garantir un entorno o máis favorable posíbel para os pacientes ingresados por tempos prolongados no hospital, dados os efectos adversos que a hospitalización prolongada produce sobre o seu estado emocional, tales como cambios de ánimo, ansiedade, apatía, sensación de inseguridade e nalgúns casos estados de axitación e incluso psicoses ou estados de confusión mental”.

Respecto das orixes da iniciativa presentada, Suma Ribeira reflicte a existencia de diversos estudos de hospitais, universidades ou sociedades científicas en distintos países que coinciden en destacar as consecuencias negativas que os ingresos poden producir sobre as persoas, “mesmo naqueles casos nos que o seu estado xeral é adecuado”. A agrupación lembra que estes efectos poden producirse a calquera idade, aínda que son máis frecuentes na nenez e en pacientes de idades avanzadas. “Hai que ter en conta”, explican dende Suma Ribeira, “que a persoa hospitalizada atópase fóra do seu entorno social e das súas actividades habituais, tanto laborais como de ocio, e pasa moitas horas a soas ou en compañía doutros doentes cos que non sempre é posíbel interactuar”.

Para a organización cidadá, “non é de recibo que ante esta realidade, a política que dende hai anos vén aplicando a Xunta de Galicia nos centros sanitarios públicos consista en cobrar pola utilización da televisión nos cuartos dos pacientes, e aínda máis se temos en conta que o custo da mesma é bastante elevado e moita xente non pode pagalo”. Malia todo, o grupo recorda que se ben en 2020 a Xunta deu orde de proporcionar televisión gratuíta en todos os seus hospitais (dada a restrición de acompañantes dos pacientes, recoñecendo tacitamente o beneficio que pode ter dispoñer dalgunha forma de entretemento), esas instrucións “ou ben non se seguiron en todos os hospitais da rede pública ou ben foron anuladas na medida en que se foron normalizando os acompañamentos”.

Ante o exposto, Suma Ribeira reclama:

1.- Que o Concello de Ribeira inste á Xunta de Galicia a que proporcione televisión gratuíta a todos os pacientes ingresados no Hospital do Barbanza.

2.- Que sexan dadas instrucións aos responsábeis da Biblioteca Municipal de Ribeira cara á preparación de programas de achegamento de recursos culturais ás persoas que se atopen internadas no hospital.

3.- Que o Concello de Ribeira faga as xestións oportunas coa Xerencia do Hospital de Barbanza e os concellos da bisbarra para a implementación permanente destes programas de dinamización cultural, e de entretemento en xeral, para os pacientes.

4.- Instar á Xunta de Galicia á programación e potenciación de programas de entretemento e dinamización integral das pacientes nos hospitais, con especial atención as persoas que potencialmente presentan maior risco de vulnerabilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.