O Son organiza en xuño un curso sobre como emprender en cooperativa

16 Maio 2022

O Concello de Porto do Son, a Rede Eusumo – Economía Social de Galicia e o Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas van desenvolver este mes de xuño unha iniciativa para fomentar entre a poboación o emprendemento cooperativo, achegando ás veciñas e veciños recursos para introducirse neste fórmula empresarial cos máis axeitados coñecementos teóricos e prácticos. Trátase do curso de balde Lánzate a emprender en cooperativa, que está previsto desenvolverse entre o 7 e o 10 de xuño, en horario de 9.30 a 14.30 horas.

Será no Viveiro de Empresas de Porto do Son. O curso proporcionará ás persoas asistentes puntos para o baremo do marisqueo a pé (PERMEX). Quen queira recibir máis información da actividade deberá solicitarlla a José Pazó (Concello de Porto do Son) a través da conta jose.pazo@portodoson.gal. As prazas son limitadas.

O curso irá especialmente destinado a persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas e público en xeral. Os obxectivos son “achegar o modelo cooperativo á cidadanía, en especial ás persoas desempregadas”, “mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa”, “valorar as cooperativas e as súas contribucións sociais e económicas” e “coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.