O presidente da Xunta nomea ao seu novo Goberno. Mantense a ribeirense, Fabiola García Martínez

15 Maio 2022
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asina o decreto de formación do Goberno galego. Pazo de Raxoi. 15/05/22.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe o decreto polo que se establece a estrutura dos órganos de Goberno da Xunta e que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia.

O novo Goberno galego manterá a estrutura de dúas vicepresidencias – a Vicepresidencia primeira será agora a económica – e nove consellerías, pero incorpora algunhas modificacións na configuración dos departamentos. Continuarán, ademais, os titulares de todas as consellerías, coa incorporación na Vicepresidencia segunda de Diego Calvo.

Así, a estrutura da nova Xunta estará conformada do seguinte modo e coa seguinte orde de prelación:

– Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López

– Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso

– Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto

– Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle

– Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González

– Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza

– Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña

– Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez

– Consellería do Medio Rural: José González Vázquez

– Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo

A ribeirense Fabiola García Martínez (Ribeira, 1985) segue como – Consellería de Política Social e Xuventude: é licenciada en Dereito e un das fichaxes que, no seu día, Feijóo realizou no segundo nivel da Administración. Previamente exercera como asesora en varios gabinetes da Xunta e ten experiencia na política local da súa localidade natal.

Entre outras novidades, Turismo pasa a depender da Presidencia da Xunta, como mostra da prioridade que se lle dá a esta área para esta década Xacobea.

En materia económica, a Vicepresidencia primeira será a encargada de coordinar toda a acción do Goberno neste eido, así como a política industrial. Ademais, no novo organigrama evidénciase a aposta pola xuventude e a formación profesional incluíndo as súas denominacións no nome das súas respectivas consellerías.

Cómpre recordar que, en tanto non se proceda ao desenvolvemento da estrutura deste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.