A veda do polbo en Galicia comeza o 20 de maio e remata o 4 de xullo

12 Maio 2022

A veda do polbo en Galicia comezará o próximo 20 de maio e rematará o 4 de xullo de 2022. Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión desta especie durante a campaña 2022- 2023 e que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Nela establécese que o período de prohibición da captura desta especie durante este ano vai das 16.00 horas do venres
20 de maio ás 05.00 horas do martes 4 de xullo. Non obstante, as capturas desembarcadas o 20 de maio poderán ser comercializadas tamén o 21 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.
O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo.
Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura deste cefalópodo con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto. O tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.
A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan da especie coa finalidade de axustar a xestión pesqueira ao seu ciclo de vida e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.
Plan 2022-2023
A Consellería do Mar e o sector consensuaron un novo plan do polbo para o vindeiro ano que entra en vigor o próximo 20 de maio e permanecerá vixente ata que se publique o plan do ano que vén, que fixará a seguinte veda. Segundo establece este plan, a partir do 4 de xullo -día no que remata a veda- ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura da especie é de 30 quilogramos por barco e día. A esta cantidade engádense 30 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilogramos por xornada. No resto da campaña a cota máxima será de 50 quilos por embarcación e día, aos que se engaden 50 quilos por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilos por xornada de traballo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....