O BNG demanda trocos legais para aplicar exencións a Concellos e entidades sociais do pago a Portos

23 Abril 2024


O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da deputada Rosana Pérez Fernández, ven de presentar unha Proposición non de lei para debate en Pleno, relativa á necesidade de modificar a Lei 6/2017, de Portos de Galiza, para eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago pola utilización de terreos portuarios.
O Ente público Portos de Galicia ingresou no exercicio 2022 (último dispoñíbel na súa páxina), en concepto de “Canons-Concesións e autorizacións”, 2.889.364 euros.
Este apartado é o segundo que máis ingresos correntes proporciona ao Ente cada ano, despois da taxa X-4, por desembarco de pesca fresca (5.008.871 euros no 2022), e aporta un 16,9% ao total dos ingresos de xestión ordinaria de Portos de Galicia nese ano (17.062.216 euros).
Aínda que Portos non desglosa cal é a cifra exacta correspondente ás concesións e cal ás autorizacións, o certo é que os concellos veñen abonándolle cantidades moi importantes pola utilización do dominio público portuario.
Acumulación dos pagos
Ademais das elevadas contías, os concellos tamén soportan a nefasta xestión de Portos en canto ao seu cobro. E así, recentemente, coñecemos que veñen de requerírselles as cantidades correspondentes aos dous últimos anos pola utilización do espazo portuario que, segundo Portos, sufriron retraso por mor de falta de persoal, un argumento que entendemos totalmente inxustificábel.
Todas as administracións, Portos de Galicia tamén, teñen mecanismos abondo para a contratación de persoal e, polo tanto, para non actuar en detrimento e causar prexuízos aos administrados, neste caso aos concellos e noutras ocasións, como xa ten ocorrido, aos profesionais.
E non só é o retraso e a acumulación de dúas anualidades. Tamén erros non menores nas liquidacións, que requiren de explicacións e de maior claridade e transparencia nas mesmas.
Afán meramente recadatorio sen servizos por parte de Portos O Grupo Parlamentar do BNG vén insistindo no máis que evidente afán recadatorio da Lei de Portos de Galiza, as tarifas abusivas que se cobran pola realización de actividades en terreo público portuario que, na maioría dos casos, correspóndese con espazos integrados na trama urbana dos concellos e onde son estes os que se encargan da súa limpeza e mantemento durante todo o ano.

As múltiples actividades inseridas na dinámica social local, como festas, eventos deportivos ou mercados, deben pagar unhas taxas excesivas para poder levarse a cabo. A inmensa maioría realízanse en espazos urbanos que, malia estaren baixo a titularidade de Portos, nada teñen que ver coa actividade portuaria nin Portos contribúe en nada ao seu mantemento e adecentamento máis básico.
A proposición do Grupo Parlamentar do BNG quere en definitiva que no debate plenario do Parlamento Galego se inste ao Goberno galego a 1.- Non aplicar os artigos 59, 60, 61, 62, 63 e 64 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galiza, ás autorizacións para instalacións de lecer e similares propostas polas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, de xeito que queden exentas do pago das taxas pola realización de actividades no dominio público portuario.
2.- Flexibilizar o pago das dúas últimas anualidades pola utilización do dominio público portuario por parte dos concellos.
3.- Poñer en marcha todos os mecanismos necesarios para que a acumulación dos cobros de taxas e canons por parte de Portos de Galicia non volva a ocorrer e se eviten os prexuízos que se están a causar aos administrados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.