A Deputación da Coruña aproba un fondo para gastos sociais dos concellos

30 Abril 2022

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o Fondo Social do Plan Único, que destina sete millóns de euros para financiar os gastos sociais dos concellos durante este ano.

Ampliación dos servizos de Axuda no Hogar ( SAF), reforzo do persoal de persoal nas áreas sociais dos concellos, programas de respiro familiar e conciliación familiar e laboral, adquisición de EPIs e outro material para atención social ou axudas directas ás familias máis vulnerables son algúns dos programas municipais que contarán con apoio.

Na sesión plenaria, deuse luz verde por unanimidade a un investimento de máis de 1,7 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria ao longo de máis de cinco quilómetros de estradas provinciais.

As tarefas para executar, segundo a institución provincial, permitirán crear case dous quilómetros de senllas peonís na DP-1002 e a DP-1406 nos concellos de Boimorto e Cabana de Bergantiños; renovar o firme na DP-8001 de Cruces a Penablanca (Sobrado) e eliminar unha curva perigosa na DP-2206 ao seu paso por Cedeira.
Apenas 24 horas despois da apertura oficial do prazo de solicitudes, que comezou o xoves ás nove da mañá, máis de 4.500 pequenas empresas e profesionais autónomos destes sectores solicitaron as axudas deste programa provincial, esgotando o crédito dispoñible de cinco millóns de euros en menos dun día.

Outros artigos

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.