A peza teatral ‘Invisibles’ recala en Boiro

15 Outubro 2019

20191015. O espectáculo Invisibles, a cargo de Redrum Teatro, chega á Casa da Cultura de Boiro o venres 18, ás 21.00 horas, dirixido a un público maior de 12 anos. Baseado no libro do mesmo nome de Montse Fajardo, presenta sete testemuños reais de maltrato a través de tres voces femininas. Tres xeracións de mulleres que amosan que non hai un perfil concreto de vítima de violencia machista. Así, o obxectivo deste espectáculo é concienciar e sensibilizar aos espectadores sobre unha lacra que afecta a toda a sociedade, facéndoa ben visible para poder eliminala.

O elenco está formado polas actrices Sheyla Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez, baixo a dirección de Marián Bañobre.

Esta peza teatral trátase dunha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña.

Ademais, conta con varias distincións coma os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación dos Premios de Teatro María Casares; así como o Premio Luísa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.