Ricardo Seixo presentará en Rianxo tres libros de poemas o vindeiro 7 de maio

28 Abril 2022

O salón de actos do Auditorio de Rianxo vai acoller o vindeiro 7 de maio a presentación de tres libros de poemas de Ricardo Seixo Fernández: Sinais, Coa Luz Negada e Na República da Intimidade. A tripla presentación literaria será ás 12.00 horas do sábado 7, e contarase coa presenza do autor e de Xosé Luís Axeitos (escritor e académico) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). O programa tamén inclúe intervencións musicais e poéticas a cargo do colectivo Gosto de vivir a poesía (Asociación Veciñal Agra) e o Grupo Maraxe.

A reserva da localidade debe realizarse previamente na sección de reservas da web municipal e será efectiva cando se confirme dende o Auditorio (a confirmación non é inmediata).

Ricardo Seixo Fernández é un sobranceiro poeta natural de Curtis que ten publicado unha máis que notábel produción poética, na que se inclúen os tres libros que vai dar a coñecer en Rianxo e, entre outros, o poemario Versos noctámbulos, que foi dado a coñecer en Rianxo, precisamente, hai agora case tres anos e no mesmo escenario (o Auditorio).

Ricardo Seixo é poeta e mestre. Como autor tamén ten publicado outro libro de poemas: Ollares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...